O Forno do Forte acolleu o primeiro “cumio” oleiro entre Malpica e Oleiros
Alí estiveron presentes, por parte do Concello de Malpica, o seu alcalde, Walter Pardo; xunto aos concelleiros de Promoción Económica, Sergio García; de Turismo, Alfredo Cañizo; a concelleira de Olaría, Leticia Varela e o concelleiro de Deportes, Miguel Varela.
A idea é tecer pontes entre dous concellos para os que a artesanía foi, e é, parte fundamental de sendas economías, para establecer novos vínculos de cara a futuras sinerxías que sirvan para fortalecer un sector que tamén se ve afectado pola crise provocada pola covid.
Regueira, mostrouse especialmente feliz por ter propiciado o encontro, e espera poder sumar para “que recupere a súa presenza volvendo ao uso da olaría como algo cotiá, nas casas ou nos restaurantes", sinalou. Regueira, ademais de apuntar o valor da feira Alfaroleiros e da Mostra de Olería de Buño, quixo lembrar o nexo que une xa a ambas vilas: o mural de gran formato do artista Joseba Muruzábal de Oleiros que representa a Lola da Faia, a artesá de Buño.
Walter Pardo tirou de histria, pero valora que a “esencia pervive intacta ata os nosos días, e temos que agradecer o desempeño diario das nosas e nosos artesáns para mantela viva”. Fixo fincapé na "importancia que ten para construír identidade" dunha vila.
Pola súa parte, a concelleira de Olaría do Concello de Malpica, Leticia Varela, recalcou que ‘é o momento de volver a sectores primarios e de volver ás raíces, e o momento de buscar outro tipo de turismo, máis sustentable”.
Seoane defendeu a olaría non só como “como pezas decorativas” e” recoñeceu que “temos moito traballo por diante, pero iso correspóndenos a nós, os políticos”.