González Formoso trouxo a súa campaña a Cee e Malpica

Este pasado venres, Valentín González Formoso presentou oficinalmente na comarca a súa candidatura á portavocía nacional do PSdeG. O presidente da Deputación escolleu as vilas costeiras despois da estrea da súa “caravana da ilusión” en As Pontes, a vila da que foi alcalde.
Aproveitou que coincidía no día no que se cumplían 90 anos do voto feminino en España para destacar que “o partido socialista conta con figuras chave á fronte das institucións como Inés Rey, Carmela Silva ou Lara Méndez, así como as alcaldesas de Cee, Vimianzo e Camariñas na Costa da Morte”.
En clave comarcal, destacou que a Costa da Morte “é un exemplo para Galicia, na que tres das alcaldías coas que conta este partido as ostentan alcaldesas, con Sandra Insua en Camariñas, Margarita Lamela en Cee e Mónica Rodríguez en Vimianzo. Todas mulleres fortes, capaces e con talento”.
En Malpica con Walter Pardo e Adrián de Lita
En Cee