Hadrián, punta de lanza para unha campaña galega pola atención hospitalaria e domiciliaria

10:27 20/10/15

Un longo problema
Recordan as ANPAS Galegas que "este é un problema no que comezou a traballar hai xa máis dunha década a Federación Olívica de Anpas, FOANPAS, membro fundador desta Confederación, e que deu lugar a unha normativa que no seu momento fora unha gran conquista social; porén estes últimos anos de recortes contra o ensino público tamén levaron por diante moito do conseguido neste eido e sobre todo arrasaron co máis importante: a conciencia da sociedade de que este era un dereito que podía e debía esixir, con e sen crise". En todo caso, a día de hoxe, recoñecen que "o panorama que temos actualmente é desolador, a normativa que temos non é creadora de dereitos obxectivos, non marca horarios nin establece procedementos; parte da base de que a situación é excepcional e trátaa dende ese punto de vista". "O problema", segundo as ANPAS, "é que non é excepcional, a enfermidade é unha circunstancia na vida dos afectados, pero na vida social é unha realidade que se repite sistematicamente, e que debe ter establecidas solucións sistemáticas ás que poder acollerse dun xeito automático".Conclusións
Finalmente, a reunión deixou unha batería de conclusións para poñerse a traballar:- Realizarase esta campaña a nivel galego, a través da confederación ANPAS GALEGAS.
- Traballarase sobre a base da necesidade dun protocolo de atención que ligue dun xeito automático a diagnose médica co inicio das actuacións educativas suficientes, hospitalarias primeiro, e domiciliarias despois sen necesidade de que a familia teña que solicitalo.
- O primeiro chanzo debe ser a existencia de unidades hospitalarias ben dimensionadas e organizadas con medios e persoal permanentes, sen esquecer a necesaria ligazón cos centros de procedencia do alumnado.
- A atención, nos hospitais e na casa, debe impartirse polo profesorado do Ensino Público Galego.
- Este proceso está enmarcado dentro da necesaria presenza do Ensino Público en todas as etapas e circunstancias da nosa infancia e xuventude, tamén na enfermidade, para que o coidado da saúde sexa parte da vida educativa, e a educación sexa unha parte activa na vida sanitaria.
Novas relacionadas
- A federación de Anpas da Costa da Morte reúnese coa nai de Hadrián.
- Por unha atención educativa domiciliaria decente para Hadrián.
- As ANPAs da Costa da Morte esixen atender as necesidades do alumnado NEAE
- 16-06-15: Nenos e pais maniféstanse contra a Lomce e para pedir a graituidade dos libros e do material escolar.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Federación ANPAS Costa da Morte