luns. 12.05.2025
El tiempo

Homenaxe ao Arranchado, historia viva de Protección Civil en Malpica

Homenaxe ao Arranchado, historia viva de Protección Civil en Malpica
O Arranchado recibira a sua homenaxe en Malpica

Alfredo Mato Outeiro, O Arranchado, recibirá o vindeiro sábado, día 12, unha homenaxe do Concello de Malpica de Bergantiños pola súa dedicación á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil durante décadas. O acto celebrarase ás 12.45 horas no salón de plenos da casa consistorial, e contará coa presenza de autoridades locais, compañeiros da agrupación local de Protección Civil, doutras agrupacións da zona, familiares e amigos.

O Arranchado leva moitos anos vinculado aos servizos de emerxencias que operan no municipio de Malpica, primeiro na Cruz Vermella, e dende mediados dos anos noventa, na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. A súa última intervención coincidiu coa procesión das Festas do Mar, en agosto do ano pasado, para a cal precisou dun permiso especial. Debido á súa idade, 77 anos, cuestións legais impídenlle seguir traballando na entidade, aínda que el asegura que seguiría facéndoo toda a vida.

Oito meses despois da súa xubilación de Protección Civil, Alfonso Mato Outeiro recibirá o vindeiro sábado un recoñecemento por todos eses anos de traballo desinteresado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios