venres. 02.05.2025
El tiempo

Máis de 100 nenos e nenas percorren a bisbarra no Campamento Deportivo Costa Bergantiñá

Máis de 100 nenos e nenas percorren a bisbarra no Campamento Deportivo Costa Bergantiñá
campamento-deportivo-costa-bergantina Os máis de 100 nenos e nenas que participan no Campamento Deportivo Costa Bergantiñá visitaron onte Malpica Nenos e nenas da contorna participan esta semana no Campamento Deportivo Costa Bergantiñá, que ten a particularidade de ser un itinerante, o que permite aos participantes practicar diferentes modalidades deportivas en cada un dos cinco concellos que integran a asociación. Onte tocoulle a Malpica. O alcalde, Eduardo Parga; o tenente de alcalde, Miguel Fernández, e o concelleiro de Deportes, Iago Espasandín, recibiron aos 106 rapaces e rapazas de Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe e Coristanco que participan na experiencia, e que puideron iniciarse no kaiak, o surf e as viaxes en banana. O Campamento Deportivo Costa Bergantiñá continuará ata o venres, e o domingo celebrarase o día da Bicicleta, organizado polo Grupo Voz. A vindeira semana comezarán o campus de Fútbol, destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2005e 2010, e o curso de Vela da Deputación da Coruña, que este ano terá a sede en Corme. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Malpica

Comentarios