Luns. 14.10.2024
El tiempo

Máis de 30 persoas pechan os curso de manualidades malpicáns

Máis de 30 persoas pechan os curso de manualidades malpicáns

Menudos tesouros que deixaron feitos os máis de 30 participantes nos cursos de manualidades do Concello de Malpica pensados para persoas maiores e/ou con diversidade funcional, unha das concorridas actividades que organiza cada curso o departamento que dirixe Marisol Blanco. Nesta ocasión houbo máis de 30 participantes entre Malpica e Buño, e o resultado do traballo de todo o curso pode verse nas exposicións abertas no Centro Cívico e na Casa do Oleiro, respectivamente.

Desde a Concellería de Servizos Sociais apostan cada ano por actividades que contribúen a manter entre as persoas maiores e/ou con diversidade funcional unha vida activa, a exercitar as súas destrezas e a fomentar a socialización. O taller de envellecemento activo, o obradoiro de memoria que rematou hai uns días, a viaxe cultural a distintos puntos de España ou o baile social, que tamén pechou a temporada este mes, son algunhas desas iniciativas, que contan con moi boa acollida entre a xente maior.

Os cursos de manualidades desenvolvéronse tanto en Malpica coma en Buño, impartidos, respectivamente, por Lucía Villanueva e Chelo García.

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios