Malpica abre a Oficina de Información Turística
08:07 03/07/17
Aberta a nova Oficina de Turismo de Malpica
Non todos os Concellos se decatan da importancia de ter ben informado ao visitante. Por Malpica, parece que algo si, e veñen de abrir o público a oficina de turismo do Concello de Malpica. Faino nunha nova ubicación, no local da antiga ludoteca, na planta baixa da Casa do Concello. Deste xeito, o servizo que se viña prestando nos últimos meses no Centro Cívico, coa colaboración da Deputación da Coruña, estrea instalacións propias e facilita o acceso á información tanto a veciños como a visitantes.
O servizo funcionará a partir de hoxe de martes a sábados, en horario de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 18.30, e estará atendido pola técnica de Turismo do Concello de Malpica.
No seu primeiro día de funcionamento a oficina xa recibiu a un bo número de visitantes, que reciben información detallada tanto do municipio como do resto da Costa da Morte e teñen á súa disposición numeroso material impreso sobre a zona. Os turistas poden recoller ademais os novos mapas e rueiros elaborados polo Concello de Malpica, que ofrecen detallada información de todos os recursos turísticos.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte recibe 189.000 euros para a contratación de persoal de información turística.
- Piden a apertura de dúas oficinas de turismo e o arranxo da fachada marítima e dos pantaláns en Fisterra.
- Que foi da sinalización turística e cultural na Autovía Costa da Morte?.
- Setembro 2014: Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
Fonte
- redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).