Malpica aprendeu a previr o cancro
Unhas 70 persoas acudiron á conferencia sobre a importancia da actividade física non nos maiores e nos enfermos de cancro celebrado hoxe na Confradía de Malpica.
A concelleira de deportes, Noelia Freijerio, abriu o acto explicando, a actividade de hoxe está directamente relacionada co programa anual “Malpica Actívate”. A Concelleira agradeceu a colaboración das entidades locais como Confraría, ao Fogar dos Pensionistas, ás Amas de Casa de Malpica e sobre todo á Asociación Española Contra o Cancro, ademais de Inés López, por prestase a axudarnos a levar a cabo a actividade, e por suposto, a María Bardanca, técnica de deportes, "unha gran profesional.”
Inés López, fisioterapeuta especializada en exercicio terapéutico oncolóxico,explicou os tipos e cancro, e cales son os deportes ou actividades físicas máis recomendadas en cada caso. A importancia que ten manterse activo e evitar o sedentarismo. María Bardanca, pola súa banda, licenciada en ciencias e actividade física e o deporte, explicou as actividades que se poden realizar en instalacións do Concello e tamén recalcou a importancia de facer sempre exercicio en medida das posibilidades de cada un.
O alcalde, Eduardo Parga, agradeceu a asistencia a todas as persoas e entregoulle un agasallo da olería de buño ás poñentes.