Malpica celebra unha “Gran Paella Popular” en clave de igualdade

12:01 31/08/22
A Concellaría de Igualdade de Malpica prepara para este sábado, día 3 de setembro, unha gran paella popular de balde.
É unha cita a favor da igualdade, a unidade veciñal e en contra da violencia de xénero.
Será a partir das 13.00 horas no pavillón do CEIP Xoaquín Rodríguez Otero de Buño e contará con música en directo coas actuacións da Charanga de Carmiña e o DJ Frank Stone.
As bebidas non estarán incluídas e haberá servizo de catering a parte, baixo previo pago, para as persoas que non queiran paella.
Os e as interesados/as poden anotarse no teléfono 981 72 02 80 ata o venres ás 13.00. As prazas son limitadas.