A comarca de Bergantiños, consternada pola morte de Pombo


Consternada está esta mañá de luns 23 de marzo toda a comarca de Bergantiños ante o falecemento de Jesús Alejandro Pombo Imia. Este coñecido veciño de 34 anos, falecía esta mañá a causa dun infarto cando conducía un dos autobuses da súa comprometida empresa Autocares J. Pombo.
Está toda a parroquia malpicá, a de Cabana e Ponteceso, onde casou e tiña o negocio, e a familia do Fútbol da Costa tremendamente afectada. I é que Pombo era unha desas persoas que todo o mundo coñece, pola súa actividade profesional e pola súa carreira deportiva, ao servizo do seu Malpica sempre baixo paus. Precisamente moitos o viron xogar onte en Pedra Queimada o seu último partido de Liga na 1ª Autonómica no derbi ante o Sofán.
Envíalle toda a xente do Fútbol da Costa unha fonda aperta á súa familia, e a toda a xente que o coñece.
Moitos pasarán estes días polo Tanatorio San Antonio de Ponteceso, e ao enterro, que terá lugar o martes ás 18:00h en Cesullas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).