Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Malpica convértese nun cine ao aire libre este verán

  • Ademais do cine, o Concello de Malpica organiza "Ioga na Praia" este verán
cine de veran en Malpica
Malpica convértese nun cine ao aire libre este verán

O Concello de Malpica presentou a súa programación de cine  para este verán organizado pola Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña que inclúe unha selección de películas para todos os públicos.

A programación arrancará o venres 12 de xullo ás 22:30 horas na Praza do Campo, en Malpica, coa proxección de "La Sirenita".  

Seguirá o 19 de xullo coa película "Bella e o circo máxico", que se proxectará no Ecomuseo Forno do Forte, en Buño, tamén ás 22:30 horas.

O 26 de xullo, os amantes dos superhéroes terán unha cita coa proxección de "Spiderman. Cruzando el multiverso", ás 22:30 horas na Praza do Campo, Malpica.

Xa en agosto, o día 2 ás 22:00 horas, será a quenda de "Flash", tamén na Praza do Campo, unha película chea de acción e velocidade.

O 9 de agosto, ás 22:00 horas, proxectarase "Salta" na Praza do Campo, para toda a familia.

Finalmente, o ciclo pechará o 30 de agosto no Ecomuseo Forno do Forte, Buño, ás 22:00 horas, coa proxección de "El gato con botas. El último deseo", unha aventura animada.

Ioga na praia

Ademais do cine, o Concello de Malpica organiza "Ioga na Praia" este verán, unha actividade saudable que terá lugar na Praia de Area Maior á altura da caseta dos socorristas. As sesións, impartidas por Tania Lema, realizaranse os venres 12 e 19 de xullo, e os venres 9 e 16 de agosto, en horario de 10.00 a 11.00 horas. Unha actividade de gratuíta á que poden asistir todas as persoas que o desexen co único requisito é levar unha toalla para participar. 

ioga na praia de Malpica

Máis propostas de Malpica

 

Comentarios