Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Malpica e Buño clausuran os talleres de memoria

Malpica e Buño clausuran os talleres de memoria
taller-memoria-malpica Os asistentes ao taller de memoria de Malpica e Buño recibiron os seus diplomas Cos seus diplomas nunha man e coas tarefas de verán na outra, os asistentes dos talleres de memoria impartidos en Malpica e Buño ao longo de todo ano despediron onte o curso. Á clausura asistiu a concellería de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, que, xunto coa educadora social do Concello, Adriana Andrade, fixo entrega dos diplomas. Dentro da programación da concellería de Servizos Sociais, hoxe tamén tocan á súa fin os obradoiros de manualidades para maiores. Os actos de clausura serán ás 16:30 en Buño e ás 18 en Malpica. A partir de mañá estarán abertas as exposicións dos traballos realizados. Na Casa do Oleiro poderán verse ata o día 30 en horario de 16 a 18, e no centro Cívico tamén ata fin de mes pero polas mañás. Así mesmo, este domingo día 25 remata o baile social por esta temporada. A sesión será no horario habitual de 19 a 23 horas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios