Malpica e Mazaricos toman novas medidas contra a velutina


Teñen que ser os concellos, ante a parálise da Xunta, os que toman medidas contra a avespa asiática Desta volta paramos por Malpica e Mazaricos.
Trampeo en Malpica
Continúa en marcha, dende hai un mes, a campaña de trampeo da avespa velutina do Concello de Malpica e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Unha campaña que está a dar froitos, e os primeiros datos de capturas de raíñas empezaron a chegar esta semana á Casa do Concello, despois de ter repartido máis de 100 trampas entre os veciños da zona.
A campaña dá un paso máis, e Protección Civil comezou a colocar trampas en zonas axardinadas, nas que abundan as árbores que exercen maior atracción sobre as avespas asiáticas, como camelias ou rododendros; pero tamén nas proximidades de edificios e espazos públicos frecuentados por nenos e nenas.

Charla en Mazaricos
O Concello de Mazaricos organiza unha xornada informativa, non só para os seus veciños, se on tamén para os concellos da comarca, sobre a praga da avespa asiática. A cita o xoves ás 20:00 na Casa da Cultura de Mazaricos.
A charla gravarase e se emitirá no Facebook do Concello de Mazaricos.
Novas relacionadas
- Marzo 18: Carballo tamén comezou coa campaña de colocación de trampas para a avespa velutina.
- Marzo 18: O Concello de Zas comezou ca instalacións de trampas para a velutina ante a pasividade da Xunta.
- Marzo 18: Zas tamén lidera a loita de concellos e veciños contra a velutina.
- Marzo 18: Momento ideal para afiar a guerra contra as raíñas veluntinas.
- Febreiro 18: Santa Comba decláralle a guerra á avespa velutina.
- Xaneiro 18: Balanzo dun ano da “Guerra da Velutina” en Carballo.
- Novembro 17: Medio centenar de veciños de Malpica aprenderon os trucos para combater a avespa velutina.
- Novembro 17: Malpica colle o relevo de Santa Comba na loita informativa contra a avespa velutina.
- O servizo de control de pragas de Carballo retirou 380 niños de vespa velutina no que vai de ano.
- A loita contra a avespa velutina xa enche ata os auditorios
- Os voluntarios de Protección Civil de Malpica retirou medio centenar de avespa velutina.
- O pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo elimina 118 niños de avespa velutina nun mes.
- “Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”.
- Agosto 2017: Santa Comba recibe un novo traxe para loitar contra a avespa velutina.
- Maio 2017: Santa Comba aposta polas trampas contra a avespa velutina.
- Marzo 2017: Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina.
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])