Malpica en Realidade Aumentada
Nova iniciativa municipal a través dos GAC, i é que parece que últimamente non hai moitos proxectos empresarias e os fondos europeos se destinan a proxectos de dinamización turística. Se hai pouco estivemos en Muxía camiñando cara o mar, hoxe visitamos "Malpica. O Mar de Sisargas".
Realidade aumentada
O proxecto de Malpica: "O Mar de Sisargas", pretende levar a cabo varias actuacións: un proxecto de realidade virtual ou realidade aumentada nas rúas principais de Malpica: Rúa Vila Fano / Porto Pesqueiro.
Xa temos visto esta tecnoloxía na Coruña e mais en Corcubión gracias ademais a unha empresa con semente costeira.
Esta tecnoloxía funciona nunha contorna web que mediante realidade virtural ou realidade aumentada ensinará en calquera dispositivo con conexión a Internet (ordenador, PDA, iPad, iPhone, smartphone…) a imaxe marinera tradicional de Malpica. Terá varias capas de información tanto en imaxes de arquivo como de información con datos de interese (historia, turismo, pesca…) que contribuirá a que o turista viva unha experiencia alternativa e terá información sobre artes de pesca, especies capturadas pola flota de Malpica.
Esta ferramenta TIC ensinará por medio de textos, imaxes, fotografías, videoclips, ilustracións e a inclusión de podcast de audio sobre estas temáticas (historia, turismo, pesca...)
Reunións cos hostaleiros
O Concello xa mantivo unha reunión cuns 25 profesionais dos establecementos de hostelería de todo o término municipal: hoteis, pensións, casas de turismo rural, restaurantes, cafeterías, pubs e bares, para darlles a coñecer o proxecto que presentou ao Grupo de Acción Costeira.
O xerente faloulles da posibilidade de subvencionar os seus proxectos emprendedores e invitoulle a presentar os plans de mellora nos seus establecementos, cuxa convocatoria termina o día 31 de marzo de 2013.
Ademais do sector hostelero tamén asistiron empresarios e representantes da Asociación de Comerciantes de Malpica (ACOMAL), así como representantes da asociacións de rederas que apoiaron o proxecto.
Establecimentos dinamizadores
Preténdese tamén crear unha rede de dinamizadores con aqueles establecementos de hostelería e comercios que queiran adherirse á rede, levando a cabo unha serie de asistencias técnicas, tanto individualizadas como en grupo, e tamén se levará a cabo cursos e charlas informativas para mellóraa da formación aos traballadores do sector hostelero.
Con esta iniciativa o concello de Malpica quere axuntar esforzos para poñer en valor o sector turístico, apoiar ao sector hostelero para que sumen forzas e poidan coordinar actuacións conxuntas coa programación de paquetes turísticos (aloxamento + restauración+ actividades alternativas + turismo de aventura e lecer).
Novas relacionadas
- O Concello de Muxía achégase aos empresarios para camiñar xuntos cara o mar.
- A Costa da Morte dinamiza o Turismo da Coruña.
- A realidade aumenta en Corcubión.
Fonte
- Concello de Malpica.