Luns. 21.10.2019
El tiempo

Malpica estrea o Fondo Lugrís cos poetas eróticos das Sisargas

Malpica estrea o Fondo Lugrís cos poetas eróticos das Sisargas
Exposicion O Desexo en Malpica 2

Ata o 15 de xuño estará aberta no Centro Cívico de Malpica a exposición “odesexo”. Esta mostra conxunta de Xulio Maside, Xoán Pardiñas e Fernando Riveiro estrea así o Fondo Lugrís, no novo espazo expositivo da segunda pranta do Centro Cívico. Unha sala circular pensada para albergar unha mostra permanente das obras de arte adquiridas polo Concello de Malpica ao longo dos últimos anos e das que poidan incorporarse no futuro.

“odesexo” é un proxecto plástico e literario asinado por Xulio Maside, Xoán Pardiñas e Fernando Riveiro, pero tamén por Ramón Neto, Verónica Martínez, Lino Braxe, Emma Pedreira, Eli Ríos, Eduardo Estévez, Mercedes Leobalde, Alberte Momán, Antonio G. Teijeiro, Miguel Mato, Paco de Tano, Xosé Iglesias e Paco Souto, é dicir, 13 dos 15 poetas que gañaron o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas ao longo dos seus dez anos de vida. E igual que o premio literario, a exposición “odesexo” é froito da colaboración entre a Asociación Cultural Caldeirón e o Concello de Malpica.

Dadas as limitacións do espazo, na exposición inagurada este domingo non figuran as máis de corenta obras creadas por Maside, Riveiro e Pardiñas para “odesexo”, pero si todas as incluídas no catálogo editado, no que cada obra pictórica vai acompañada dun poema. Algúns dos autores deses versos ofreceron un pequeno recital no acto de inauguración, ao que tamén asistiron os pintores Riveiro e Pardiñas.

Exposicion O Desexo en Malpica 2

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios