Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Malpica festexou o Entroido co piñatas e doces e xa agarda pola Mikaela e o Farruco

Malpica festexou o Entroido co piñatas e doces e xa agarda pola Mikaela e o Farruco

Impresionantes os certames que prantexou o Concello de Malpica e as asociacións para este Antroido. Un entroido malpicán completo, de parroquia en parroquia, que abriron por Cerqueda, e pecharán en Buño e Seaia, pasando pola capital municipal, que esta fin de semana encheuse de doces, piñatas e disfraces.

Repasamos agora como foron os certames, e de paso botamos un ollo a axenda festexeira para esta fin de semana, coas citas do Sábado de Piñata de Buño da man da Mikaela, e o Cocido do Farruco, que terá lugar en Seaia o domingo.

Disfraces, piñatas e doces a concurso

A tarde domingo día 19 de febreiro foi unha tarde de concursos en Malpica. A Praza Anselmo Villar Amigo viviu o Concurso de Comparsas e Disfraces Antroido 2012, nas modalidades infantil e adultos.

Foron os pequenos Primavera e Señorita con lacitos os gañadores dos premios infantís, mentres que Pescador Solitario e a Comparsa Os Sufridos levaron os premios de adultos.
Os gañadores levaron unhas cestas con productos típicos do Antroido.

Pero a cita máis especial era o Concurso de Piñatas de Antroido 2012. Finalmente resultou gañadora a Piñata A Casiña de Chiculate elaborada pola ANPA Milladoiro, que foi agasallada polo Alcalde en funcións Miguel Angel Fernández Mirás cunha cesta con productos típicos do Antroido.

Por se fóran poucos certames, tivo lugar este martes 21 o XI Concurso Gastronómico de Doces de Antroido. O Centro Cívico malpicán acolleu a cita gastronómica, cunha altísima participación de concursantes e público, e máis de 60 doces concursaron por acadar os primeiros premios nas diferentes categorías.
A Cafetería JB foi a gañadora en categoría profesional cunhas deliciosas Tortitas de Plátano e Froitas. Por detrás quedou o Pastel de Nata e Noces con Biscoito de Cenoria. do Restaurante Casa Antonio e as Tellas de Améndoa do Restaurante As Garzas.
En Categoría Amateur foi Semifrio de Doce de Leite de Rosario Fernández Cancela o máis votado, por diante do Brazo de Antroido da Asociación Cultural Malante polo sabor e coidadosa presentación dun e dos Orejuelos da Asoc. de Redeiras Mar da Illa.
E tamén houbo certame de cativos, entre os que destacaron o Brownie de Manuel Balsa Balboa, o Biscoito de Antroido da A.C. Malante e o Brazo de Melocotón e Chiculate de Andrea e Lucía Suárez.

Sábado de Piñata en Buño coa Mikaela

E non para a festa. O sábado 25 de febreiro é o Día de Piñata, a partir das 11:30 horas, e as rúas de Buño impregnaranse de alegría e cor a cargo da charanga O Vendaval, acompañada polos veciños do lugar que sairán a lucir os seus mellores disfraces.
Ás 17:00 horas desde Cantalarana, sairá A Mikaela percorrendo todos os bares e tabernas de Buño, co seu particular Vía Crucis de bares... Ás 23:00 horas actuará a orquestra América S.L no aparcadoiro do Restaurante Casa Elías. Desde as 16:30 ata as 19:30 horas, na Casa da Cultura, celebrarase unha Festa de Disfraces Infantil.

Cocido do Farruco en Seaia

E para o domingo 26 toca Cocido do Farruco, ao que é imprescindible acudir disfrazado e que terá lugar no restaurante O Esqueiro a partir das 14:30 horas. Ás 17:00 horas dará comezo o Enterro do Farruco, que sairá en procesión as 17:00 horas desde o restaurante O Esqueiro, percorrendo as diferentes rúas da parroquia.

Novas relacionadas

Máis entroidos

Fonte

Comentarios