Venres. 29.03.2024
El tiempo

Malpica homenaxe á “Nai Carrexeira”

Eliseo Villar Loureiro e o escutor Cao Na Carrexeira
Malpica homenaxe á “Nai Carrexeira”

Fermosa a estatua inaugurada esta pasada fin de semana no paseo marítimo de Malpica. A “Nai Carrexeira”, creada por Ánxel Cao, e doada por Eliseo Villar Loureiro, é unha homenaxe ao oficio que ostentaban as mulleres de portar o peixe nas súas cabezas e ademais coidaban da súa familia. “Estou moi orgulloso e agradecido de que Eliseo Villar Loureiro e a súa familia doase esta bonita escultura que homenaxea moi ben o traballo das mulleres de Malpica que portaban o peixe para a súa venda e á súa vez coidaban aos seus fillos. A escultura está situada nun lugar fantástico e vai ser un referente turístico por estar situada no paseo marítimo de Malpica coas Illas Sisargas e a capela de San Adrián como fondo” explicou Cañizo.

Inauguración Nai Carrexeira (5) copia

Miguel Ánxo Fernández, pola súa parte, agradeceu a presenza dos asistentes e a Eliseo Villar Loureiro a doazón da preciosa estatua. O escultor Ánxel Cao explicou que é unha figura realizada unicamente para Malpica en representación da muller traballadora. “É unha figura realizada en bronce cun peso de 230 quilos de tamaño natural cuxa altura é un pouco maior á natural por razóns estéticas” explicou.

Ao acto tamén asistiu parte da corporación e o alcalde de Malpica do Tajo, Santiago Hortas Bautista.

Comentarios