Venres. 19.04.2024
El tiempo

Malpica lanza a nova programación de actividades culturais para o curso

  • O Concello abonou ás Asociacións Culturais as axudas por un montante de 18.412€ e xa traballa nas de 2022
Escolas Culturais malpica 22-23
Malpica lanza a nova programación de actividades culturais para o curso

O Concello de Malpica, a través da Concellería de Cultura a cargo da concelleira Noelia Freijeiro, lanza unha ampla programación de actividades culturais para o curso 2022/2023 que inclúe un total de catro cursos: animación teatral, arte, obradoiro de barro e obradoiro de coiro.

A animación teatral e arte levarase a cabo dende outubro a maio. O obradoiro de barro desenrolarase de outubro a decembro e o obradoiro de coiro de xaneiro a marzo.

As actividades son en horario de tarde e impartiranse tanto en Malpica coma en Buño (agás o obradoiro de barro que só terá lugar en Buño).

As prazas deben solicitarse no Departamento de Cultura de Malpica ou chamando ao 981 707 104, en horario de 10.00 a 13.00 horas, ou en www.concellomalpica.com.

Axudas

O Concello lembra que xa executou as axudas das Asociacións culturais e sociais:

Asociación Cultural Malante 3.520,00 €.
Asociación Cultural e Deportiva Carcaxía 3.480,00 €.
Asociación Cultural Raigañas 2.692,50 €.
Asociación de Veciños de A Pedrosa, Brión e a Raxeira 2.600,00 €.
Federación de Asociacións de Redeiras Artesáns O Peirao 2.040,00 €.
Asociación de Redeiras Profesionais O Fietal 1.440,00 €.
Asociación de Amas de Casa de Malpica 1.440,00 €.
Asociación Cultural e Deportiva Salitre 1.200,00 €.

A Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, xa está ultimando a convocatoria das axudas para o ano 2022 que estarán dotadas dun orzamento de 20.000,00 €.

Comentarios