Luns. 29.04.2024
El tiempo

A malpicá Maite Rojo prepárase para desafiar o Ultratrail Camiño dos Faros

Maite Rojo facendo o Ultratrail Camino dos Faros
Maite Rojo
A malpicá Maite Rojo prepárase para desafiar o Ultratrail Camiño dos Faros

Cóntanse con dúas mans os heroes e heroínas que completaron, dunha mesma quenda, o Camiño dos Faros. Esta semana esperamos ter unha nova ultratrasna. Falamos de Maite Rojo. A malpicá leva semanas preparándose e arrincará o seu desafío o mércores 23 de agosto ás 3 da madrugada e espera rematar en Fisterra o xoves 24 pola tarde/noite.

Esta malpicá, de vocación mariñeira pasou estes últimos anos navegando a vela por mares como o Mediterráneo, Atlántico, Pacífico, Caribe, Alborán, Cantábrico e dos Sargazos. Pero o seu tamén é o atletismo, como comprobamos en 2020 cando gañou a Ultramaratón de Nova Zelandia ou participando o pasado mes de maio na esixente Ultr’ardeche.

Esta semana ten por diante Os 200 km de camiños, cun desnivel de 4.000 metros, dos Camiños dos Faros. Irá acompañado, nalgúns tramos, con corredores da zona como o bombeiro pontecesán Quito.

Maite Rojo Con Quito
Maite Rojo Con Quito

O último en facelo foi o corcubionés Yago Dosil en 2021, empregando 41 horas no reto solidario. Veremos como lle vai á nosa malpicá.

Novas relacionadas

Comentarios