Martes. 10.09.2024
El tiempo

Malpica marida a Feira Mariñeira coa Festa Galega

Festa Galega Malpica 2024
Malpica marida a Feira Mariñeira coa Festa Galega

Malpica de Bergantiños ven de presentar a programación da  Festa Galega, que terá lugar do 15 ao 17 de agosto de 2024, e que combina coa Feira Mariñeira.

O xoves 15, a festa comezará cun pasarrúas da man dos gaiteiros de Falso Escuadro, enchendo de sons tradicionais as rúas de Malpica.

O venres 16, a Atlantic Big Band tomará as rúas cun novo pasarrúas, antes de que Mediarea, Budiño, Pablo Balseiro e a Bervenian Orquestra suban ao escenario a partir das 22:15 para ofrecer unha noite de concertos.

O sábado 17, a festa continuará cunha nova sesión da Atlantic Big Band, seguida das actuacións de Carcaxía, Do Rivés, Sheila-Patricia e Os Carunchos, que pecharán a celebración.

Esta cita está organizada pola concellería de Turismo do  Concello de Malpica en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Xoves 15 de agosto:

  • Pasarrúas con gaiteiros de Falso Escuadro.

Venres 16 de agosto:

  • Pasarrúas con Atlantic Big Band.
  • 22:15 - Mediarea.
  • 23:30 - Budiño.
  • 01:15 - Pablo Balseiro e Bervenian Orquestra.

Sábado 17 de agosto:

  • Pasarrúas con Atlantic Big Band.
  • 22:00 - Carcaxía.
  • 22:45 - Do Rivés.
  • 23:30 - Sheila - Patricia.
  • 01:00 - Os Carunchos.
     

 

Comentarios