Martes. 21.05.2019
El tiempo

Malpica pecha unha nova edición do programa de envellecemento activo con ganas de máis

Malpica pecha unha nova edición do programa de envellecemento activo con ganas de máis
envellecemento-activo-malpica 50 veciños e veciñas de Malpica participaron na última edicióndo programa de Envellecemento Activo Coa entrega de diplomas, unha merenda e baile con música en directo rematou a semana pasada unha nova edición do programa de envellecemento activo promovido pola concellería de Servizos Sociais de Malpica e impartido pola empresa Máis Porvir. Un total de 50 persoas, repartidas entre Malpica e Buño, participaron nunha iniciativa que goza de gran aceptación e que volveu a acadar nas enquisas finais moi boa valoración. A concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, e o primeiro tenente de alcalde, Miguel Fernández, foron os encargados de entregar os diplomas que acreditan a participación e o aproveitamento das distintas actividades. A concellería de Servizos Sociais de Malpica asegura que seguirá apostando por una actividade que potencia a autonomía persoal das persoas maiores, favorece a súa socialización e fomenta a súa participación social. Nesta ocasión, no programa que se veu desenvolvendo durante un mes, traballouse a estimulación cognitiva e a psicomotricidade a través de actividades coma musicoterapia, pilates, xogos de palabras, sendeirismo, decoración de vidro, xogos ao aire libre ou termalismo, que é unha das propostas que goza de maior aceptación. Clausura manualidades curso-manualidades-malpica curso-manualidades-malpica Ata o próximo venres, día 29, pódese ver no teleclub de Buño os traballos realizados polas alumnas do curso de manualidades que vén de clausurar a concellería de Servizos Sociais. Chelo García foi a encargada de impartir este curso. O horario da exposición é de 16:00 a 18:00 horas.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios