Martes. 19.03.2024
El tiempo

Malpica prendeu o seu Nadal

Encendido Navidad Malpica  (1)
+
Malpica prendeu o seu Nadal

O Concello de Malpica acendeu onte a iluminación de Nadal en todo o municipio. Esta semana acabarán de instalarse as luces nas parroquias. Previamente fixéronse todas as probas e os axustes necesarios. Son moi variadas e 3D moitas delas.

Dende o consistorio malpicán, e concretamente dende a Concellaría de Servizos, Seguridade Cidadá, Tráfico, Medio Rural, Mar, Turismo e Festexos con Alfredo Cañizo á fronte, "somos conscientes de que estas datas serán máis especiais, se cabe, logo dun ano que esta festividade estivo moi condicionada pola chegada do coronavirus. Por iso queremos contribuír a dinamizar o pobo para apoiar aos distintos sectores económicos nestas festas de importante actividade para eles", explica.

Comentarios