Xoves. 06.08.2020
El tiempo

Malpica propón para agosto un campamento de patinaxe para a rapazada de 3 a 12 anos

Patinadoras do Club Patinaxe Velúa de Malpica
Patinadoras do Club Patinaxe Velúa de Malpica
Malpica propón para agosto un campamento de patinaxe para a rapazada de 3 a 12 anos

Ademais das actividades náuticas do programa de verán, o programa estival do Concello de Malpica, a través da concellaría de Deportes, inclúe para agosto un campamento de patinaxe para a rapazada de 3 a 12 anos. A primeira quenda celebrarase do 3 ao 7 de agosto, e a segunda do 10 ata o 14 do mesmo mes. 

En total, hai dispoñibles 20 prazas, que se poderán formalizar nas oficinas municipais do Concello. Esta actividade desenvolverase en horario de 10:00 a 13:00 horas, aínda que si é preciso será ampliado de 9:30 a 13:30 horas. 

Novas relacionadas

Malpica prepara un ‘Verán no Mar’

 

comentarios