Venres. 29.03.2024
El tiempo

Malpica rescata e divulga o Cancioneiro de Buño

cancioneiro de Buño
Malpica rescata e divulga o Cancioneiro de Buño

Rescata a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes do Concello de Malpica un tesouro patrimonional. O Cancioneiro de Buño sairá das caixas da imprenta neste final de xullo e que se presentará en próximos días na Mostra da Olaría e na Feira do Libro da Coruña.

O miolo deste volume de poesía de tradición oral está formado por 84 cantigas recollidas por volta de 1910 a Dolores Cancela Pérez (Dolores de Margarita), unha adolescente que vivía no barrio do Forno Novo. Despois publicáronse no Boletín de la Real Academia Gallega, na sección Cantares populares de Galicia.

Nestes cantares, nos que se observan todas as características temáticas e estilísticas da lírica tradicional, supuxeron no seu momento a máis antiga recollida histórica de literatura popular nas terras de Malpica de Bergantiños. É, polo tanto, un feito cultural que sobrepasa o século de vida.

O volume ilústrase con fotografías de Antonio Fernández de todos os oleiros de Buño que permanecen activos, tendas de olaría e o proceso de elaboración dunha chocolateira. Con esta simbiose quixéronse mesturar dúas manifestacións creativas da localidade buñesa.
Ademais conta cun prólogo do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. A edición literaria correu a cargo do filólogo malpicán Xosé Manuel Varela. Publícao Edicións Embora e distribuirase por todas as librarías do país. Tamén se poderá adquirir nas tendas de olaría de Buño.

Presentacións

Estas serán as fechas e lugares onde se vai proceder a presentar o Cancioneiro de Buño:

Mercado e Exposición

Matriarcas Malpica

No marco do Un mercado en cada porto. Mulleres artesás de Galicia" , que invade este domingo o peirao malpicán, o Concello de Malpica acollerá a exposición: MATRIARCAS UNHA ODA ÁS MULLERES DO MAR. O espazo expositivo elixido para esta mostra fotográfica é o CAT (antigo Centro Comarcal de Buño) .

A inauguración será o domingo, 31 de xullo, ás 12.00h e poderase acceder para visitala ata as 14.00h. Matriarcas estará aberta ao público todo o mes de agosto en horario habitual de 10.30 á 14.30 horas.

Comentarios