Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Conta atrás para a Mostra de Olería de Buño

Presentacion Mostra Oleria de Buno 2022
Foto: CrissBecerra
Conta atrás para a Mostra de Olería de Buño

O Parque Luciano García Alén acollía este venres a presentación do cartel da XXXVIII Edición da Mostra de Olería de Buño. Un cartel realizado por Jessica Mariño que gusta moito a todo o mundo e que será a imaxe fin de semana do 4 ao 7 de agosto.

“Este ano coma novidades, aínda que o actor principal é a olería de Buño, o sábado seis vai ser un día bastante forte porque imos tentar que o horario comercial sexa durante odo o día ata ás 22.00h. Ademais ese día queremos rematar cunha festa tradicional galega contando con tres grupos do concello de Malpica e dous invitados. Outra novidade é que este ano faremos unha exposición cos carteis de todas as Edicións da Mostra” explicou Fran Gorín, presidente da Asociación de Oleiros.

 O alcalde, Eduardo Parga, felicitou a autora do cartel e agradeceu ós oleiros que organizasen o evento xunto co Concello de Malpica e sinalou a importancia do apio inestimable da Deputación da Coruña para poder promocionar un ano máis a Mostra
que é un emblema moi importante da vila.
Tamén o Teniente Alcalde Alfredo Cañizo tivo palabras para esperar que sexa unha data histórica para a vila oleira. POuco a pouco iremos debullando o programa.
 

Presentacion Mostra Oleria de Buno 2022 2
Os oleir@s con Alfredo Cañizo, Eduardo Parga e Miguel Ángel Fdez.

Novas relacionadas

Comentarios