Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O mercado de mulleres do mar salta do porto de Fisterra ao de Malpica

Voladoira no Mercado de Fisterra
As xentes de Voladoira no Mercado de Fisterra
O mercado de mulleres do mar salta do porto de Fisterra ao de Malpica

Este pasado sábado a “Un mercado en cada porto. Mulleres artesás de Galicia” estivo en Fisterra. Unha oportunidade de ver e mercar neste mercado, liderado por mulleres creativas, que leva vinculada unha mostra fotográfica de retratos de redeiras, colareiras, palilleiras, cesteiras, oleiras e outros colectivos, mulleres que tomaron o relevo das súas avoas para seguir dándolle vida aos traballos máis ancestrais da cultura galega.

A seguinte cita é o domingo 31 de xullo no Paseo Marítimo de Malpica. De 11:00 á 20:00 horas estará aberta esta actividade itinerante, organizada por ONYVA!, na que colabora la concellería de Cultura e Deportes do Concello de Malpica, Artesanía de Galicia e a Xunta.

Comentarios