Málpica súmase ao programa clubEmprego de Íntegro para impulsar a inserción laboral da muller
07:09 23/03/17
A partir do vindeiro mes de abril o concello de Malpica unese ao clubEmprego promovido pola asociación Íntegro dentro do seu PIMD Rural co fin de crear un novo espazo de encontro para a inserción da muller. As interesadas en participar neste programa poden informarse con máis detalle e/ou formalizar a súa inscrición na oficina de Desenvolvemento Local, situada na casa do Oleiro de Buño, tanto persoalmente coma a través do número de teléfono 981 711 303 ou do correo electrónico [email protected].
Esta experiencia está dirixida a mulleres con ganas de incorporarse ao mercado de traballo. O clubEmprego posibilitará a busca de emprego en grupo e a prestación de asesoramento individual e grupal para dotar de ferramentas útiles e necesarias a un dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade social. Para elo, en cada sesión haberá grupos reducidos de traballo aos que se lles facilitará apoio formativo individualizado relacionado con Tic´s, trámites administrativos ou empoderamento, así como accións grupais dirixidas á realización de procuras dixitais, entrega de currículos, busca a pé de rúa, creación de bolsas de emprego ou intermediación laboral con empresas, entre outras. Ademais, faranse prospeccións de mercado periódicas para coñecer, a curto e medio prazo, as necesidades de mercado da zona e adecuar a formación das alumnas ás mesmas.
Así mesmo, en caso que a demanda o requirise, tamén se poría en marcha un clubEmprendemento para mulleres emprendedoras, interesadas no autoemprego, coa finalidade de poñer ao seu alcance as medidas, coñecementos e axudas necesarias para crear o seu propio negocio ou empresa.
Novas relacionadas
- Íntegro crea un novo espazo para a inserción laboral da muller chamado clubEmprego
- Íntegro reforza o proxecto PIMD Rural con novas canles para a inserción laboral
- Íntegro organiza un mercado de Nadal con agasallos artesanais e solidarios
- Íntegro abre as súas portas con motivo do día internacional da diversidade funcional
- Íntegro abre unha nova edición de Visítanos! cos escolares de Camariñas e Ponte do Porto
- Os usuarios de Íntegro apúntanse a reciclar
- Íntegro informa sobre a prevención das lesións medulares aos escolares.
- Íntegro e La Caixa asinan un convenio de colaboración para un programa vacacional
- De visita a Madrid
- Íntegro pecha o sétimo curso do PIMD Rural
- Íntegro lánzase ao crowdfunding
- Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro
- Íntegro imparte cursos para mulleres con disCapacidade en Ponteceso e Malpica
- “Bicos de Amora”, a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
- Íntegro forma a mulleres con diversidade funcional do rural costeiro
- Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro.
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Concello de Malpica.