Sábado. 28.03.2020
El tiempo

EXPOSICIÓN

En Malpica tamén fomos emigrantes

En Malpica tamén fomos emigrantes

Aberta ao público ata o vindeiro 15 de marzo xa está a nova exposición do Centro Cívico de Malpica. Esta mañá de venres tiña lugar a presentación oficial, cos representantes de Concello de Malpica, ABANCA e Afundación, da exposición de fotogracías da Axencia EFE «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX».

Son retratos próximos, en branco e negro, que narran as circunstancias vitais da xeración das nosas nais e pais e tamén de avós e avoas, que abandonaron a súa terra na procura dun futuro mellor. Imaxes que representan a historia de milleiros de persoas que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir. Son os anos cincuenta, sesenta, décadas de fame, de subdesenvolvemento, de falta de liberdade, mais tamén de construción, de aforrar a peseta para un arelado retorno.

De entrada libre e de balde, poderase visitar de luns a venres en horario de 8.15 a 15.00 h e de 15.30 a 22.00 h ata o 15 de marzo.

comentarios