Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Malpica volve saber a mar

Tapa de anemonas ou de oritguillas de mar
Tapa de anemonas ou de oritguillas de mar
Malpica volve saber a mar

O Concello de Malpica xa está traballando na VI edición de “Malpica sabe a mar”. A concellaría de Promoción Económica xa mantivo unha reunión cos hostaleiros do concello para poñer en funcionamento esta nova convocatoria, que será a de maior participación de locais.

Está previsto que se desenvolva no mes de maio, e dada a boa resposta de todos os participantes estase a traballar na sétima edición para o mes de outubro.
Paralelamente, a concellaría de Promoción Económica tamén traballa nunha nova campaña co sector da alimentación, para o impulso do comercio en todas as súas vertentes.

Exposición no Fogar dos pensionistas

O local social “Fogar dos pensionistas. Casa do pescador de Malpica” acolle una mostra de maquetas de barcos ata final de mes. Unha mostra desenvolvida grazas a colaboración da Concellaría de Cultura e a Confraría de Pescadores de Malpica.
Os interesados en visitar esta exposición con obras asinadas polo autodidacta malpicán José Blanco Novo, José de Magío, poderán facelo entre as 10.00 horas e as 13.00 horas e as 17.00 horas e as 20.00 horas.

Obradoiros de Semana Santa

Ademais, organiza un Obradoiro de barro, que se desenvolverá o 14 e o 16 de abril no Ecomuseo Forno do Forte para nen@s de entre 3 e 12 anos. Os interesados nesta actividade gratuíta, poderán gozar e coñecer os segredos do moldeado con barro o xoves 14 e o sábado 16 de abril de 16.30 horas a 18.30 horas.

forno do forte

Danza

Ademais, Malpica acolle o vindeiro domingo, 24 de abril, a estrea do proxecto de danza contemporánea “Escora”, será no paseo da Praia ás 18.30 horas. Un encontro único onde se interpretarán Miña Xoia por parte da compañía de Clara Ferrao, e de Alleo de Colectivo Glovo. A representación estará guiada por Marcia Vázquez, coa que unha vez rematada a intervención haberá un encontro para que participen público e artistas. En caso de choiva o espectáculo será no Centro Cívico de Malpica.

Comentarios