Un mar de Letras e Tapas para Malpica
Marea de actividades as que o Concello de Malpica organiza co gallo do Día das Letras Galegas, e coa proposta da Ruta de Tapas Malpica Sabe a Mar. Dúas actividades que maridan a perfección promovendo a nosa cultura e a nosa gastronomía.
A VI edición de “Malpica sabe a mar”
A fin de semana de 13, 14 e 15 de maio, a Concellaría de Promoción Económica de Malpica organiza a VI edición da ruta de tapas. 14 establecimentos (A Taberna do Lesto, Bar Arcos, Bar Dársena, Bar O Pescador, Café Bar Humbolt, Café Bar Ibarra, Café Bar Pepucho, Café del Mar, Cafetería JB, Cafetería Santiago Apóstol, Larada Bar, O cornecho de Tano, Restaurante O Burato e o Restaurante San Francisco) súmanse a esta proposta que liga tres sectores fundamentais da economía local: a pesca, a hostalaría e a olaría.
Os horarios entre os locais presenten exquisitas tapas a 2 euros, será o venres 13 de maio, de 20.00 horas a 23.00 horas; o sábado 14 de 12.00 horas a 14.00 horas e de 20.00 horas a 23.00 horas. E o domingo, 15 de maio, de 12.00 horas a 14.00 horas.
Musica, teatro, exposicións… polas Letras Galegas
Baixo o lema “Malpica nun mar de letras 2022”, toca lembrar á homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987). Xa dende o 2 ata o 31 de maio a Biblioteca Municipal acolle a exposición en torno á obra do poeta nacido na aldea Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras. O autor destacou como poeta, pero tamén exerceu de articulista, crítico literario, coordinador editorial, lexicógrafo, tradutor, corrector... Tras o golpe de estado de 1936 exiliouse a México.
En clave de pintura dende o 20 de maio ao 30 de xuño o Espazo Expositivo do Centro Cívico de Malpica acolle a mostra de pintura Carrexadoras, asinada por Viki Rivadulla.
Este mércores 4 de maio Lidia Botana chegará co espectáculo “De aquí para ala, que se representará” no Auditorio do Centro Cívico. Un concerto didáctico que escoitan desde as 10.30 horas o alumnado do CEIP Joaquín Rodríguez Otero e das escolas unitarias de Mens e Barizo, do CRA A Nosa Señora do Faro. Posteriormente, ás 12.15, as nenas e os nenos do CEIP Milladoiro pasaran a gozar desta representación.
O mércores 11 toca na Municipal de Malpica como as dos centros de ensino do Concello, recibirán exemplares de “Os Bolechas. As miñas primeiras Letras e Florencio Delgado Gurriarán”, “Polos vieiros da saudade”, asinado por Héctor Cajaraville.
O venres, 13 de maio, presentarase a obra gañadora do XVI Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”: Edénicas de Andrea Fernández. Será ás 19.00 horas, na Casa do Pescador, nun acto organizado pola A.C. Caldeirón.
Ademais, o sábado, 14 de maio, a compañía Galeatro representará Muiñada e ao remate os asistentes terán a posibilidade de realizar unha visita guiada pola contorna da Área Recreativa de Río de Vaa. Para os interesados a entrada será de balde, sendo unicamente preciso inscribirse antes do comezo da actividades, ás 17.30 horas.
E como remate, o mesmo 17 de maio as celebracións comezarán ás 12.00 horas no Centro de Artesanía e Tradición (antigo Centro Comarcal de Bergantiños) onde se inaugurará a sala “Non canto por cantar”. Posteriormente, ás 17.00 horas o Ecomuseo acollerá a representación de Rosalía, de Culturactiva. Ás 18.30 está previsto o concerto de música infantil: Charo Pita co espectáculo A familia Papaventos, na praza Anselmo Villar Amigo.