Domingo. 18.08.2019
El tiempo

Mostra 2019: Buño entrégase á súa olería

Imaxe dunha Cocedura
Imaxe dunha Cocedura
Mostra 2019: Buño entrégase á súa olería

Este xoves, 1 de agosto, abre as portas a XXXVI Mostra da Olería de Buño (MOB19). Serán 4 días (ata o 4 de agosto) dunha Mostra comprimida e intensa. O Parque Luciano García Alén e o Ecomuseo do Forno do Forte serán os grandes centros de actividades, entre as que destacan as as exhibicións en vivo, rutas, degustacións, exposicións, actividades, concertos, sesións dj…

Mostra de Oleria de Buno 2019

A inauguración será o propio xoves 1 á partir das 11:30h, co pasarrúas de A.C. Malante e apertura das casetas. Xa ás 14:00h haberá un espectáculo teatral e musical con Apatacón. De 16:30 a 20:30h haberá obradoiros de bolsas recicladas coas redeias de Malpica e ás 21:00h concerto de Man Martín Trío.

Xa o venres comezaremos a maridar o barro coa gastronomía, co showcooking empratado cos cociñeiros Oscar Ures (“A Cunca”) e David Vilariño e Alberto Alvedro (“Taberna do Campo”), a partir das 12:00h e con inscrición previa ([email protected]). Pola tarde continuarán os espectáculos ata o guateque nocturno, con concurso de disfraces dos anos 80.

O sábado é o día grande, e a actividade principal será Cocedura Tradicional no Ecomuseo Forno do Forte. Unha experiencia única na que poderedes revivir os procesos tradicionais e ancestrais de cocción dunha peza. De 11:00h a 14:00h é a carga, o prendido ás 17:00h e a cocecuda das pezas de 17-20h.

Boa parte desta forma poderase vivir de preto na Ruta guiada “O ciclo de vida dunha peza”, para que cómpre inscribirse en voltamontana.com.

A sesión vermú sabatina será espectaclar con Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e os zanqueiros.. Pola noitiña, a partir das Festa da Carroa coa actuación de Rilo e Penanique coa obra: O pozo das señoras. Non faltará o Guiso de lapas e a celebración continuará no Parque Luciano García Alén ca actuación de Os Resentidos e Perfusión.

O domingo toca descarga do forno ás 11:00h, obradoiros, e sesión vermú con Oh Ayatollah. E Ningures pechará a Mostra 2019 cun concerto a partir das 19:00h.

Mostra de Oleria de Buno 2019-Programa

Comentarios