Domingo. 28.04.2024
El tiempo

As Mulleres de Malpica brillan con luz propia

Manuela Sanchez Sanmartín Muller de Buno
Manuela Sanchez Sanmartín, o testemuño da superación
As Mulleres de Malpica brillan con luz propia

A cidadanía de #Malpica e membros da corporación municipal  concentráronse esta mañá con motivo do Día Internacional da Muller, no salón de plenos do Concello.
A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Blanco Gorín, leu o manifesto co lema deste ano:  "Mulleres guerreiras con luz propia".

Ademais, esta mañana publicouse, nas redes sociais do Concello,  un podscast co testimonio da veciña de Buño, Manuela Sanchez Sanmartín, unha Muller pioneira que comezón, sen pretendedlo, unha dura Loira en prol da igualdade. Mañá darse a coñecer o segundo testimonio. 

 

Esta foi a lectura do manifesto:

MANIFESTO: 8M, Mulleres guerreiras con luz propia.

Estamos hoxe aquí para conmemorar o Día Internacional da Muller. Estamos aquí para deixar claro que seguimos na loita para acadar a igualdade de xénero e que nunca nos imos render. 

O lema deste ano é #8M  #Mulleres GuerreirasConLuzPropia, porque as mulleres brillamos con luz propia.

Cada unha de nós é suficiente para chegar a onde ela se propoña. Por que dicimos isto? Porque a día de hoxe séguese cuestionando o traballo das mulleres, segue habendo empresas nas que o 90% dos altos cargos están ocupados por homes. Segue habendo quen prefire que o atenda un home porque pensa que unha muller non é capaz de facer o mesmo traballo incluso tendo unha formación igual ou superior. Segue habendo quen non se fía das mulleres ao volante, séguese faltando ao respecto ás mulleres taxistas, ás mulleres que dirixen camións ou autobuses. Segue habendo oficios nos que as mulleres teñen que multiplicar por cinco o esforzo para poder ascender un mínimo, mentres que os homes, con menos, chegan moito máis lonxe. Segue habendo homes que cobran o dobre que unha muller por facer o mesmo traballo. 

Séguese infravalorando o traballo das mulleres, séguense vinculando os labores de coidado de nenos e maiores e as tarefas da casa ás responsabilidade das mulleres.

E por iso hoxe estamos aquí, para seguir a loita pola igualdade que iniciaron as nosas tataravoas hai anos, para romper os teitos de cristal. Somos a voz das que xa non poden berrar, das que quedaron polo camiño, das que foron asasinadas. 

Queremos deixar claro que as mulleres brillamos con luz propia, somos suficientes, temos formación e podemos desempeñar o noso traballo ao igual que un home. Queremos ter o mesmo salario que os homes por desempeñar o mesmo traballo. Queremos vivir tranquilas. Queremos que nos traten ben, que nos respecten, que o reparto do coidado dos fillos e as tarefas da casa sexa o normal, queremos vivir, queremos bailar e saír de festa sen que nos xulguen. Queremos vestir como nos dea a gana. Queremos que nos valoren polos nosos coñecementos e non polo noso físico ou a nosa forma de vestir. Queremos que deixen de matarnos. Queremos que nos deixen medrar. Queremos acadar un mundo no que as oportunidades sexan as mesmas para todos. Queremos que nos contos de nenos as mulleres deixen de ser princesas que precisan dun príncipe para ser as guerreiras que conseguen o que se propoñen por si mesmas, con esforzo e valentía, e porque non tamén podemos ser nós as que salvemos ao príncipe. Queremos acabar cas agresións, coas humillacións, cos golpes, coas exclusións. Queremos que deixen de invisibilizarnos. 

Queda moito camiño por andar, pero hoxe, estamos aquí para deixar claro que neste 8M brillamos con luz propia, que somos suficientes e que nos valemos por nós mesmas.

MÁIS NOVAS DO 8M

 

Comentarios