Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un Nadal deportivo, comercial e artesanal en Malpica

Nadal_comercio_Malpica
Un Nadal deportivo, comercial e artesanal en Malpica

Unha vez acendido o alumeado, segue debullando o Concello de Malpica o seu completo Nadal. E unha das citas será Mercado Artesán de Nadal que propón a Concellaría de Cultura de Malpica. A iniciativa levarase a cabo na Praza de Abastos, o sábado 18 e o domingo 19 deste mes, con numerosas actividades.

Dende as11:00 horas do sábado e ata as 20:00h do domingo o Mercado estará cheo de obradoiros, actuacións…

cartel mercado Artesan Malpica

Nadal comercial

Segue en marcha a campaña “Un Nadal de premio no comercio de Malpica” da man da Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Comercio, dirixida por Pilar Doldán. Xa son 20 os establecimentos adheridos nos cales por cada 20 euros de compra, os clientes poderán optar a un vale de 100 euros para gastar nos mesmos. Sortéanse cinco tarxetas en total e remata o 6 de xaneiro. Trátase de fomentar a compra na vila nestas datas tan importantes para as empresas. Botou a andar hai apenas uns días.

Os establecementos nos que se pode aspirar a lograr o gran agasallo económico son os seguintes. Algúns deles uníronse recentemente: Administración de Loterías Pedra Douro, Almacenes Armas, Alverixa, Asfeco Asesores, A Tenda de Vera, A Tenda de Carmen, Calzados LC, Elemoba, Estanco Vanessa Varela Morales, Estanco Visi, Farmacia Ana Fernández Viñas, Farmacia Atlántico, Floristería Lolita, Gemma Chouciño Estética, Joyería Pallas, Librería Casa Pardo, Librería Miguens, Lolas, Peluquería Ana Ures, Peluquería Cristal, Peluquería Isabel, Peluquería Marta, Peluquería Spellos, Teresiña de Facal e Torrado Anido SL.

Nadal deportivo

Pola súa parte, a Concellaría de Deportes, con Noelia Freijeiro á fronte, ten preparado varias actividades deportivas:

  • Control marcas atletismo: 22 de decembro, dende as 10:30 horas. De 7 a 13 anos. Inscricións ata o día 20.
  • Deportes de raqueta: 23 de decembro, dende as 10:30 horas. A partir dos 7 anos. Inscricións ata o día 20.
  • Campamento deportivo: 27, 28 e 29 de decembro, de 10:30 a 13:30 horas. De 7 a 13 anos. Inscricións ata o día 21.
  • Fútbol 3x3: 30 de decembro, desde as 10:00 horas. A partir dos 7 anos. Inscricións ata o día 27.
  • Campamento deportivo: 3, 4 e 5 de xaneiro, de 10:30 a 13:30 horas. De 7 a 13 anos. Inscricións ata o día 28.

Os interesados en participar poden consultar máis información así como anotarse no departamento de deportes do Concello ou no teléfono 981 72 00 01.

A maiores, haberá as seguintes exhibicións de patinaxe artístico, a cargo do club Patín Velúa o 18 de decembro, no polideportivo, ás 18:00 horas, e o 29 de decembro, no paseo da praia, ás 18:00 horas.

Novas relacionadas

Comentarios