Noelia Freijeiro: "As mulleres de agora non temos medo a nada”
- "Poñer a piscina en marcha é inviable".
- “Teño unhas concellerías que me gustan e por iso tampouco lle conto ás horas”.
Noelia Freijeiro (Leiloio, 1985) afronta con naturalidade este “fregao”, Máis vinculada ao mundo asociativo (é membro dende hai moito da activa familia da A.C. Raiñagas de Cerqueda) e cultural que ao deporte, asume o desafío de facer que cultura e deporte sirvan tamén de escaparate turístico dun concello cun potencial inexcusable.
- QPC: Como está a ser a experiencia de aterrizar de repente de cheo no mundo da política municipal?
Aterrizando, a verdade, sobre todo no relacionado co Deporte. O mundo da cultura encántame, e a min que xa me gusta organizar eventos de calquera tipo antes de meterme no “fregao” da política, pois encantada.
O tema do deporte, é que a verdade, sen é polos clubs, aquí en Malpica esta algo aburrido. Por iso temos que Intentar que o deporte de Malpica que empece a soar en toda a Costa da Morte.
- QPC: E que clase de cousas ides facer e nivel deportivo?
Temos mil cousas proxectadas coa axuda da animadora deportiva María Bardanca que é unha crack. A idea é meter o deporte en todos os programas, por exemplo agora no Entroido, como fixemos no Nadal, que foi todo un éxito.
Outra cousa que imos facer é dinamizar o xinmasio cos maiores, primeiro cunha charla para que coñezan as instalacións para animalos a utilizar.
- QPC: Xa falas dos clubs, no mundo do fútbol, chegas e solucionas un dos problemas que levaban enquistados anos: o campo de Xaviña. Como fixeches para poñer dacordo a UD Cerqueda e SCD Buño?
A verdade é que mo puxeron moi fácil. E atopeime cun conflito entre clubs e só tiven que sentarme coas dúas directivas; o demais fixérono eles.
- QPC: Hai proxectos en común entre Deporte e Turismo? A organización de eventos deportivos pode ser un revulsivo a nivel turístico?
Penso que pode haber sinerxia coa Concellería de Turismo, claro. Está claro que calquera cousa que se faga, tanto cultural como deportivo, é un atractivo turístico. Malpica ten un potencial que debemos aproveitar.
Aínda falei cos creadores do Camiño dos Faros para que veñan por aquí, porque queremos aproveitalo, por suposto.
- QPC: Que pasa ca piscina?
Encantaríame que fose unha prioridade, pero non hai cartos suficientes nin sequera para arranxala. Ademais, non hai nin empresa interesada para collela, porque falamos dun dun edificio que non está adaptado ao noso concello. Tiña que ser unha infraestrutura adaptada a un concello como noso, pero como vas facer cursos cun vaso de só 2 "calles”… Gustaríame darlle ese servizo á veciñanza pero é inviable polas características que ten máis de Casa da Auga que de piscina.
O Concello non podería asumir ese gasto, ademais, no caso de se puidese abrir, pois xa no mes que se abriu no seía día costaron 36.000€.
- QPC: Como vos atopastes o Concello agora ao chegar?
Atopei o Concello tan atrasado como o deixamos. Cultura estaba parada. Non había proxectos de nada, non había comunicación cas asociacións, algo ca olería, pero tivo moi pouca vinculación coa nosa tradición.
E o deporte pouco cambio. As instalacións estaban abandonadas. O primeiro que tiven que facer é meter 40.000€ en melloras dos campos de fútbol e pavillóns.
Está a piques de rematar a obra, que está sendo moi complicada por algunha deficiencia, dos vestiarios do campo de Xaviña, que xa viña dun proxecto da anterior concellería.
- QPC: Consideras importante é a irrupción de tanta muller na política municipal malpicá? Que podedes aportar?
Si, creo que lle aportamos outros puntos de vista. Aportamos facer as cousas máis fáciles, non somos tan quexicas; intentamos solucionar as cousas. Ademais, creo que as mulleres de agora non temos medo a nada. Aínda que non se nos recoñeciu, creo que o peso da vida o leva a muller.
- QPC: Estiveches, non sei se segues, vinculada á Raigañas, como se pode axudar ás Asociacións dende o outro lado, dende o Concello?.
A verdade é que temos un concello moi rico, con 3 máis activas pero asociacións vivas en cada parroquia. As Asociacións sácannos o traballo, e o único que temos que facer é apoialos, darlles visibilidade e recoñecemento.
O plan de actuación será como fixemos por no Nadal: xuntámonos con elas, preguntámoslle os seus programas e a partir de aí o Concello utiliza os ocos que quedan libres.
Tamén estamos traballando no que era o Centro Comarcal, preparando unha sala para o recoñecemento da nosa vida tradición; recoñecemento do pasado pero tamén do presente, de persoas.
Seguiremos cos programas habituais de teatro… Tamén a nivel de Olería, aínda que estamos intentando levar os coles de visita aos obradoiros, para que coñezan o que temos.
- QPC: Que che parece o proxecto Somos Pandeireteiras no que participan as Raigañas?
Encantoume, de feito fun parte, participando nun evento nos Instituto no que participamos 6 mulleres da Raigañas. Foi unha experiencia estupenda; saín cunha sensación de satisfacción incrible, porque ademais eu estudei nese instituto.
Chamoume a atención que a rapazada non coñecía a historia das Pandereiteiras de Mens. Eu quero que os nenos coñezan todo o noso patrimonio cultural e para iso temos que traballar, leva a tradición ás escolas.
É certo que non toda a rapazada se amosou super atenta, pero se 2 ou 3 nen@s saen de aí pensando, quero probar, que coñecer… xa merece a pena.