Nova cita co baile en Malpica
07:06 26/01/17
O dúo Élite é un dos grupos que actuará en directo no centro Cívico de Malpica
Este domingo volve o baile ao Centro Cívico de Malpica grazas á iniciativa posta en marcha pola concellería de Servizos Sociais e Igualdade do concello de Malpica. Con ela, os maiores gozan dunha das súas afeccións favoritas, o baile, que lle reporta importantes beneficios para a saúde.
Este ano as sesións de baile inclúen 20 actuacións en directo con grupos coma Nuevo Siglo, dúo Élite, Togayan ou Dúo D’Café. Durante o mes de xaneiro xa houbo dúas sesións de música en directo, e para febreiro están previstas as actuacións do dúo D’Café o día 12 e o dúo Élite o 26. As sesións son de 19 a 22 horas.
Novas relacionadas
- Cincuenta persoas participan no programa de envellecemento activo de Malpica
- Malpica pon en marcha o seu programa de envellecemento activo
- Malpica retoma en setembro o programa Concectad@s con dous novos cursos
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Malpica