Luns. 09.09.2024
El tiempo

Novas prazas e material dixital en Malpica

Novas prazas e material dixital en Malpica

Dúas novas de interese para o Concello malpicán en temas laborais e dixitais en materia de emerxencias.

Novas prazas para o verán

O contrato dos socorristas, que desenvolverán o seu labor na praia de Area Maior, comezará o 18 de xuño, e a súa finalización establecerase en función das necesidades do servizo. Os traballadores percibirán 1.239,91 euros, agás o coordinador, que cobrará 1.389,91 euros ao mes. O prazo de presentación das instancias estará aberto durante 15 días a partir da publicación da convocatoria na prensa local. Os aspirantes deben cumprir, entre outros, o requisito de estar inscritos no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia. O proceso de selección inclúe probas físicas, exame tipo test, galego e unha específica para o coordinador.

Os auxiliares da Policía Local traballarán durante dous meses e percibirán 1.305,79 euros. A titulación requirida para optar a estas prazas é ESO, graduado ou equivalente, e o prazo de solicitude estará aberto durante 10 días a partir da convocatoria na prensa local. O proceso de selección inclúe probas físicas, exame de coñecementos xerais, lingua galega e coñecemento do municipio e toponimia local.

As bases completas están a disposición dos interesados nas oficinas xerais do Concello de Malpica (teléfono 981 720 001).

Material dixital

Alcaldes de Laracha e Malpica RESGAL 2 Alcaldes de Laracha e Malpica na cita coa RESGAL

Esta pasada fin de semana o alcalde malpicán, xunto cos concellos costeiros de Carballo, Cee, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso e Santa Comba, acodía á Estrada á recollida do material da Rede Dixital de Emerxencias de Galicia (RESGAL). O Concello, entre outros cen que se adheriron á rede, recibiu un terminal ca última tecnoloxía en materia de comunicación móbil dixital de emerxencias.

RESGAL integra, por primeira vez, nun mesmo sistema a todos os colectivos que participan na resolución das emerxencias. Bombeiros a policías, pasando por voluntarios de protección civil, os profesionais do 061 e polos axentes que loitan contra os incendios forestais, agora poderán estar conectados.

Fonte

Comentarios