Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Novo curso homologado de atención sociosanitaria a persoas dependentes en Malpica

CURSO ATENCION SOCIOSANITARIA copia
Novo curso homologado de atención sociosanitaria a persoas dependentes en Malpica

O Concello de Malpica pon en marcha o día 11 un Curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, unha iniciativa que ten como finalidade formar a persoas que se atopen nun proceso de busca ou mellora de emprego, xerando novas oportunidades sociolaborais.

Esta nova acción formativa abrangue 450 horas: 270 presenciais, 100 non presenciais e 80 de prácticas. As sesións impartiranse do 11 de marzo ao 10 de xullo, de luns a xoves e de 17.00 a 21.00 horas, nas instalacións da Casa do Oleiro de Buño.

O prazo de inscrición estará aberto do 6 ao 8 deste mes. As persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais ou chamar ao 981 72 02 80. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de solicitude.

CURSO ATENCION SOCIOSANITARIA

Comentarios