Venres. 29.03.2024
El tiempo

Novo Curso de Mariñeiro-Pescador con proxección de emprego en Malpica

Novo Curso de Mariñeiro-Pescador con proxección de emprego en Malpica

Do 20 de setembro ao 4 de outubro, podes aproveitar as tardes de luns a vernes para aprender unha profesión. A Confraría de Malpica organiza un novo Curso Mariñeiro Pescador, para o que ofrece 25 prazas. Un curso que habilita para traballar no mar, sendo necesario sacar tamén Formación Básica en Seguridade.

O pósito ademais quere que este curso teñan oportunidades reais de saída laboral na mesma vila malpicá, coas embarcacións da Confraría de ser o caso e poder fixar e manter a poboación.

Podes inscribirte (as taxas custan 18,99€) xunto co teu DNI na confraría, ou no 881 98 27 20. Terán preferencia os afiliados, veciños de Malpica e desempregados en búsqueda activa de emprego.

Comentarios