Xoves. 24.10.2019
El tiempo

O banco de alimentos de Malpica tamén axuda no inicio do curso escolar

O banco de alimentos de Malpica tamén axuda no inicio do curso escolar
Banco de Alimentos de Malpica

Segue demostrando ser un bo exemplo para o resto da bisbarra o banco de alimentos do Concello de Malpica de Bergantiños, xestionado pola Fundación Amigos de Galicia e a Concellería de Servizos Sociais. O servizo ten nestes momentos un total de 21 familias usuarias, que poden disfrutar dunha mellor calidade de vida.

Neste comezo de curso, cómpre unha atención especial aos máis pequenos/as. E por iso, no reparto correspondente ao mes de setembro o banco de alimentos achegou ás familias con nenos e nenas en idade escolar mochilas equipadas con todo tipo de material de escritura e debuxo, complementando así outro tipo de axudas ás que poidan acceder.

Nos dous anos que leva en funcionamento, o banco de alimentos do Concello de Malpica non só se encarga de subministrar produtos non perecedoiros e alimentos frescos de temporada ás 21 familias usuarias que ten nestes momentos, senón que tamén atende outras necesidades, coma o acondicionamento e/ou amoblamento das vivendas ou, coma neste caso, a achega do material preciso para os nenos e nenas en idade escolar.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios