O barro tamén é inclusivo
08:13 14/06/17
A agrupación deportiva Un Paso Máis organizou o I taller inclusivo de barro
A agrupación deportiva Un Paso Máis vén de rematar o I taller inclusivo de barro no que participaron un grupo de nenos e nenas con diversidade funcional de distintos puntos da Costa da Morte ao longo de todo o curso académico.
Con este taller os participantes viviron a tradición oleira de Buño nunhas xornadas de convivencia. O taller rematou cun roteiro pola Historia da Olería de Buño no que, acompañados da choiva, percorreron vila de Buño facendo paradas na súa historia. Neste roteiro tamén se incluiu unha vista ao Ecomuseo Forno do Forte onde "O Rulo" fixo de guia. A Casa do Olerio foi o punto final desta ruta onde os participantes degustaron un xantar.
A agrupación deportiva Un Paso Máis xurdiu como resposta a unha necesidade cara a inclusión de nenos e nenas con diversidade funcional de Carballo en particular, e a Costa da Morte en xeral, a través do deporte e das actividades culturais e de lecer.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Agrupación deportiva Un Paso Máis