O Camiño Costa da Morte Sen Límites agradeceu ao Concello e Protección Civil de Malpica
Fixérono a semana pasada en Carballo, pero os pequenos trasn@s do Camiño Sen Límites non querían esquecer a colaboración do Concello e de Protección Civil de Malpica. Os organizadores do Camiño Costa da Morte Sen Límites están a facer chegar o seu agradecemento aos 8 concellos e agrupacións de Protección Civil, e desta volta tocaba Malpica.
Membros da organización e un grupo de nenas e nenos que participaron na iniciativa para agradecer a colaboración tanto do Concello como da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. O alcalde, Eduardo Parga, e o coordinador de Protección Civil, Iván Muíño, recibiron á comitiva no salón de sesións.
Liga de Fútbol da Pedreira
Ata a fin de semana está aberto o prazo de inscrición para a Liga de fútbol praia sénior que organiza, un ano máis, a Asociación Deportiva A Pedreira coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños. A competición está aberta a un máximo de oito equipos integrados por xogadores a partir dos 16 anos. Os partidos disputaranse as fins de semana na praia de Area Maior, en area seca. Os equipos que queiran anotarse poden chamar ao número de teléfono 636 466 326.
Novas relacionadas
- Xuño 2017: O Camiño sen Límites reparte os seus diplomas de agradecemento:
- Maio 2017: Mil parabéns para o Inclusivo Camiño Sen Límites
- Marzo 2017: O Camiño dos Faros SenLímites botou andar dende a Coruña.
- Marzo 2017: Arrinca a sétima edición do Camiños dos Faros con todas as prazas cubertas.
- Xaneiro 2017: A Xunta corrobora o seu compromiso para axudar a homologar o Camiño dos Faros como GR
- Decembro 2016: O Camiño dos Faros cumpre 4 anos.
- I Edición do Camiño dos Faros senLimites 2016: Os trasn@s fanse universais.
- Un Paso máis: A inclusión defintiva a través do fútbol.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).