luns. 02.12.2024
El tiempo

O concurso de Castelos de Area abre as festas do Mar de Malpica

O concurso de Castelos de Area abre as festas do Mar de Malpica
concurso barcanas e castelos de area festas do mar malpica 2016 A 16ª edición do concurso de Barcanas e Castelos de Area “Praia de Area Maior” abre este venres as Festas do Mar de Malpica. Todas as persoas interesadas en participar teñen unha cita este venres, día 19, a partir das 10:30 horas. Ata ese momento poderán realizarse as inscricións, tanto a pé de praia coma os días anteriores no departamento de Educación e Cultura, situado no entro Cívico da vila. Cada participante individual ou grupo poderá presentar unha única obra. Haberá tres categorías: infantil - ata os 10 anos -, amateur - de 11 anos en diante - e barcanas. Haberá seis premios: 1º de 130 euros e trofeo, 2º de 70 euros e un trofeo e 3º  que consta de 40 euros e un trofeo na categoría amateur, premio á mellor barcana, premio especial do público e premio infantil, que serán galardoados con cadanseu trofeo. Para optar ao premio infantil todos os autores da obra deberán ter como máximo 10 anos cumpridos. O concello de Malpica delimitará a zona do certame. As obras realizaranse entre as 11 e as 13 horas, e só se poderán utilizar area e materiais que e atopen depositados na praia, así como ferramentas e difusores e auga. O xurado valorará a calidade artística e a orixinalidade dos castelos e barcanas segundo unha serie de criterios: calidade técnica, complexidade da obra realizada, deseño, dimensións, vinculación da obra co concello de Malpica e orixinalidade. Para a elección do premio especial do público instalarase unha urna, entre as 13 e as 13:30 horas na praia de Area Maior, na que todos os espectadores e espectadoras do concurso poderán depositar o seu voto. Será premiada a obra con maior número de votos, agás que xa obtivera outro premio por parte do xurado, nese caso outorgaríase á seguinte obra máis votada. Os traballos realizaranse entre as 11 e as 13 horas de mana venres Os traballos realizaranse entre as 11 e as 13 horas de mana venres O xurado estará composto por dous representantes do concello de Malpica nomeados polo alcalde -  que determinará quen dos dous actuará como presidente e como vogal - e 2 das entidades colaboradoras - asociación de Amas de Casa de Malpica e/ou asociación de Mulleres Redeiras Artesás Mar da Illa. Novas relacionadas Fonte

Comentarios