Xoves. 25.02.2021
El tiempo

O Milladoiro das Pozacas albisca o ceo

O Milladoiro das Pozacas albisca o ceo
Milladoiro das Pozacas de Cerqueda-Malpica en construcion marzo17 Xa falt pouco para rematar o Milladoiro das Pozacas

Impresiona verdadeiramente. O milladoiro das Pozacas, ese que une á parroquia de Cerqueda, xa está no tramo final da súa construción. Unha construción puramente veciñal, na que ducias de veciñas teñen participado nas sesións voluntarias de cada mañá sabatina baixo a dirección do mestre canteiro Manuel Díaz Fernández, coñecido como Calviño de Folgueira.

Levan traballando dende novembro, e aínda queda a parte máis complexa. O milladoiro xa cas alcanza os 3 metros de altura que vai ter. Cunha singular forma de palleiro, aínda lle falta insertar a cruz, típico dos cabazos, no alto. Esperan este vindeiro sábado chegar ata ese punto, e a partir de aí xa poderán facer cábalas para o remate.

Unha vez rematado, quedará unha zona ben agradable para o disfrute dos veciños, e será o lugar por onde pase toda a vida social da parroquia. Xa o é, tendo en conta a axetreada vida asociativa (ultimamente algo axetreada de máis, tamén hai que dicilo) do Local Social das Pozacas, e co parque infantil homologado xa existente.

Pero o proxecto é máis grande. A UD Cerqueda, o club de fútbol, está acondicionando outro dos locais do lugar para que sexa a sé social, e tamén estará en marcha antes de que remate esta temporada. Ademais, segundo nos confirma o propio alcalde, en canto se remate o milladoiro, completarase a zona con máis terra e un céspede, e os veciños prantarán un pequeno souto de castiñeiros, con aniñadoiros para paseriformes, e peche con loureiro real (non con tullas foráneas).

Un lugar ideal para as churrascadas futboleiras ou para as foliadas musiqueiras.

3 metros alcanzara o Milladoiro das Pozacas 3 metros de altura alcanzará o Milladoiro das Pozacas

Novas relacionadas

Fonte

comentarios