Martín Varela escríbese con V de Valarés

17:28 24/03/11

Longa relación
A relación de Martín Varela e os integrantes do Colectivo Con V de Valarés vén de lonxe, pois Martín e un asíduo do Festival que organiza a entidade. Pola súa parte, os rapaces de Valarés, artífices do Festival con máis sona da Costa da Morte, seguen de cerca a carreira do cormelán, e aparte de eso, son vellos amigos. Dende Valarés levan tempo dándolle voltas a como colaborar coa carreira deportiva do tenista, pero foi agora, cando viron a noticia de que arrancaba a tempada sen patrocinadores, cando decidiron tomar cartas no asunto. Ata final de ano, o integrante da sección de deporte para discapacitados A.D. Cempés, terá que participar no máximo posible de torneos intercontinentais para poder optar a unha praza no equipo nacional de tenis en cadeira de rodas, e acudir no 2012 as paraolimpiadas que se celebrarán en Londres. Por eso, veñen de firmar un acordo en virtude do cal, o Colectivo Con V de Valarés pasa a ser patrocinador oficial de Martín Varela no 2011 e no 2012. Con este acordo, o deportista asegurase apoio económico para poder desprazarse aos torneos necesarios, e así loitar por subir postos no ranking internacional, e acadar o merecido premio de verse nas paraolimpiadas. Pola sua parte, Martín exhibirá a imaxe do festival na súa roupa de “traballo”, e esperemos que poida levar a V de Valarés ata Londres, ou eso polo menos desexamos todos.Máis información
Novas relacionadas
- Martín Varela comeza a temporada internacional cun triunfo en Italia.
- Martín Varela inicia, sen patrocinio, a tempada de tenis en cadeira de rodas 2011 en Italia.
- O Festival ConVdeValarés asina coa Axenda SON da Estrella Galicia e completa o cartel.
Fonte
- Nota de prensa do Colectivo Con V de Valares.