Venres. 19.04.2024
El tiempo

O teatro xa toma Malpica

O teatro xa toma Malpica

Un ano máís, e xa é o 7º, ten lugar no Concello de Malpica a Mostra de Teatro. As artes escénicas traen este ano unha oferta variada para tódolos públicos, onde teñen cabida a maxia, os contacontos, a animación á lectura, a comedia, compañías de teatro galego de referencia, actores, actrices e directores recoñecidos xunto co teatro amateur.

Na VII Mostra de Teatro de Malpica teñen cabida 6 espectáculos. E a primeira obra xa tivo lugar esta fin de semana coa Maxía de Cayetano Lledó do Mago Cayetano Lledó. As obras, que se celebrarán no Auditorio do Centro Cívico de Malpica, seguintes propostas son:

  • O venres, 18 de novembro ás 20.30 h: O espectáculo Pista Activa da compañía Coper@ctiva Cultural.
  • O venres, 25 de novembro ás 18.00 h. na Biblioteca do Centro Cívico: O espectáculo Cunqueiremonos da compañía Xandobela.
  • O venres 2 de decembro ás 20.30 h.. O espectáculo Moito Conto da compañía Redrum Teatro.
  • O venres 9 de decembro ás 20.30 h.: O espectáculo Pelos na Lingua da compañía Talía Teatro.
  • O venres 16 de decembro ás 20.30 h.: O espectáculo Contos coas mans abertas da compañía A Tropa de Trapo.
  • O sábado 17 de decembro ás 20.00 h.: Os espectáculos O Milagre e Mañanciñas de Sol da Asociación Teatral Os Amigos de Malpica.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios