Domingo. 20.09.2020
El tiempo

A Olería de Buño propón un novo certame de pintura

Durante moitos anos, os carteis da Mostra de Olería de Buño eran feitos con debuxos. Este é da 4º edición
Durante moitos anos, os carteis da Mostra de Olería de Buño eran feitos con debuxos. Este é da 4º edición
A Olería de Buño propón un novo certame de pintura

Nova proposta para aproveitar o tempo de confinamento nalgo produtivo. A asociación Oleira e a Concellaría de Olería do Concello de Malpica impulsan un concurso de debuxos para pequenos e maiores cuxas persoas gañadoras verán feito realidade o seu deseño: unha peza orixinal en olaría de Buño.

O concurso, baixo o cancelo #eupintounhapezanacasa consiste en deseñar nunha plantilla xa creada pola organización con motivo libre. Con esta mesma etiqueta virtual, a publicación con máis ‘gústame’ será a gañadora: unha peza orixinal feita en olaría de Buño!

Esta iniciativa dividirase en dúas categorías: adultos (maiores de 16 anos) e infantil (menores de 16 anos). A data límite é o 30 de abril. T

Podedes seguilo na páxina de Facebook da Olería de Buño e na do Concello de Malpica.

Outros Concursos

comentarios