A Olería de Buño revoluciona a hostalería coruñesa
Xa contaba na Revista Pincha a súa capacidade para adaptar as sua vaixelas aos cociñeiros que o contrataban. O oleiro de Buño, Alberto Lista, é o creador das singulares pezas da vaixela do restaurante Berek.et, sito na Rampa Matadoiro, onde estivo moitos anos o mitico A Nova Pataca.
Con todo Lista confesa que “A carta branca que me deron para a creación das pezas foi un luxo”, sinala en agradecimento por esa aposta da artesanía da comarca. “Carta branca para a forma, a textura e mesmo a cor, aínda que aí fixemos algunhas probas”, explica. As pezas son de gres, un material “que garante a durabilidade, que funciona moi ben para restauración, en pezas que, loxicamente, sofren moito trote”.
Desde hai aproximadamente dous anos este oleiro vén traballando con frecuencia con encargos de hostalería. “Desde a pandemia cara aquí a cultura do “Feito a man” volveu rexurdir, abrigou en xente nova, que aprecia a arte nas pezas, que saben que son moito máis que cacharros…” explica. A súa obra permite que o pracer do contido dos pratos multiplíquese e estenda a un continente exclusivo e fermoso
Máis novas