Os balóns da Olería de Buño, un elemento fetiche do Fútbol da Costa
A Gala do Fútbol da Costa - QPC que acolle esta tarde de sábado a Casa da Cultura de Corcubión, serve tamén para poñer en valor unha das nosas artesanías. Máis de 40 balóns da Olería de Buño fixeron ao longo destes dous últimos meses as mans de María Canedo, do taller Feituras.
Falamos xa dunhas pezas únicas feitas para a ocasión, que son unha lenda, un elemento fetiche para a xente da Costa, para a xente do Fútbol da Costa. Os poucos que poden gabarse de ter un por ser o mellor dunha temporada, e ser escollido por compañeir@s, deixa que luza no salón, no sitio máis vistoso da casa.
As redes sociais están cheas, durante días, das imaxes cos galardóns.
OS NOMINADOS
- As Nominadas do FUTFEM para a Gala do Fútbol da Costa.
- E os Nominados para a Gala do Fútbol da Costa son….
- Os nominados a Delegado e Árbitro do Ano son…
OS PRIMEIROS PREMIOS CONFIRMADOS
Xa temos algúns premios confirmados:
- Leo Picallo, o Premio Histórico da VIII Gala do Fútbol da Costa - QPC.
- O Premio Abdoulaye ao Fútbol Base este ano vai para Sofán.
- Rosío e Naroa, a Pombo e a Pichichi do #FUTFEM costeiro.
- Diego Estévez e Anxo, o pichichi e o Pombo da Pref. e 1ª.
- Xandre e Mariolo, os Premio Alex Pombo das Ligas da Costa.
- Iván Rojo e Lucas levarán os Trofeos aos Pichichis das Ligas da Costa.
PATROCINADORES
Compre agradecer ás casas que fan posible esta gala, que conta co apoio da Real Federación Galega de Fútbol e do Concello de Corcubión:
- Servicio Técnico Oficial Saunier Duval.
- Cárnicas Domínguez.
- Carbónicas Landeira “La Pitusa”.
- Restaurante Lonxa D’alvaro (Muxía).
- Iván Vilanova Asesoría e Auditoría.
- Seguros Reale Roberto Mouro Baio-Zas-Santa Comba.
- Autocares J. Pombo.
- Grupo As Baleas (Cee - Muxía - Fisterra).
- Aluminios Dumbría.
- Muebles Ordóñez (Ponte do Porto.
- Electricidade Héctor Castro (Cerqueda).
- Asesoría Asfeco (Malpica).
- Manuel Castiñeira Clínica Dental.
- El Juguetón.
- Cristalería Vilas.
- Escola de Porteiros Nordés.
- Jorge Parri Fotografía.
QPC agradece tamén a colaboración continua de Gerca, Bazarra, Oemáis, Centro Comercial Finisterrae, O Semáforo de Fisterra e o Faro de Lariño, As Eiras de Lires, Bar o Moncho.