Os maiores de Malpica súbense ao carro e recuperan a Billarda
09:00 27/04/13
Fantástica a proposra de recuperación do xogo tradicional en Malpica. Só falta a transmisión aos máis pequenos para manter vivos estes tesouros patrimoniais de xeración en xeración.
A xornada de xogos tradicionais para maiores, dentro do programa de Envellecemento Activo “Subete ao Carro” da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Malpica tivo unha gan acollida no recinto da Casa do Oleiro de Buño.
Durante a tarde do martes, máis de 40 participantes, organizados nun equipo de Malpica e noutro de Buño, mediron a súa destreza competindo á rá, á petanca , etc. Ao remate da xornada, na que estiveron acompañados pola Concelleira de Servizos Sociais e o 1º Teniente Alcalde do Concello de Malpica, resultou gañador o equipo de Buño.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Malpica.