Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os maiores de Zas e de Vimianzo desfrutan do seu día

Os maiores de Zas e de Vimianzo desfrutan do seu día
Vimianzo e Zas celebraron o pasado sabado a Festa dos Maiores Vimianzo e Zas celebraron o pasado sábado a Festa dos Maiores Un dos síntomas do envellecemento da poboación na Costa da Morte son as exitosas festas dos maiores tan de moda nos últimos anos. Os concellos de Zas e de Vimianzo rendiron homenaxe aos seus veciños e veciñas de máis de 60 anos o pasado sábado concentrando así a unha boa parte da súa poboación para ofrecerlles un suculento xantar amenizado con música tradicional e verbeneo. Unha costume que se leva repetindo dende hai quince anos no caso de Vimianzo e vinte no de Zas. No caso de Zas foron 800 os asistentes e no de Vimianzo cen máis; é dicir, 900. Os galardoados Ademais da comida e da festa tamén houbo tempo para os recoñecementos que, neste caso, foron a parar ás persoas de maior idade que estaban no xantar e que non recibiran o premio noutra ocasión. Maripepa da Cebola, de 95 anos, foi a muller de maior idade que asistiu a festa dos maiores de Zas Maripepa da Cebola, de 95 anos, foi a muller de maior idade que asistiu á Festa dos Maiores de Zas No caso de Zas, o galardón recaeu en Maria Josefa Rama Rellán, de A Cebola, por ser a muller de maior idade que estaba no xantar e que nunca antes levara o premio. Naceu o 4 de abril de 1921. No caso masculino, o premio foi para Manuel Lage Alvite, de Muíño, que  naceu o 22 de setembro de 1924. O alcalde de Zas entregou o agasallo a Manuel Lage de 92 anos O alcalde de Zas entregou o agasallo a Manuel Lage de 92 anos En Vimianzo,  a muller de maior idade que estaba no xantar foi Maltide Castro Rodríguez, unha das usuarias do Xeriátrico nada o 29 de decembro de 1922. E un veciño de Castrelo, José Pereira Fernández, recibiu un agasallo por ser o home de maior idade alí presente xa que naceu o 17 de maio de 1924. As súas case 92 primaveras non lle impediron desfrutar da festa. Ademais do adivertimento dos maiores, este tipo de festas levan encubertas unha campaña de promoción do comercio local; xa que foron os establecementos propios de cada concello os encargados de suministrar e cociñar as viandas servidas a base de empanada, pulpo, pescado, carne e postre. En Vimianzo 63 voluntarios foron os encargados de servir o xantar En Vimianzo 63 voluntarios foron os encargados de servir o xantar Outra das partes importantes das Festas dos Maiores son o elenco dos voluntarios. No caso de Vimianzo, un total de 63 persoas, 14 das cales pertencentes ao concello, traballaron de camareiros de xeito voluntario. Malpica Os maiores de Malpica estan esta semana en Salamanca grazas a unha viaxe organizada polo concello Os maiores de Malpica estan esta semana en Salamanca grazas a unha viaxe organizada polo concello Pola súa banda, os maiores de Malpica están a desfrutar estes días dunhas vacacións en Salamanca grazas a unha viaxe organizada polo concello. Un grupo integrado por 64 persoas, entre elas o alcalde, Eduardo Parga, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, chegou onte pola tarde ao seu destino despois de xantar en Villaralbo  - Zamora -. Despois de visitar os monumentos e zonas máis importante de Salamanca e da súa contorna, os viaxeiros regreserán o venres a Malpica. Novas relacionadas Fonte

Comentarios